O Home do Espello Lyrics


Pensaba que todo estaba rematado xa,

que esa sombra non ía voltar.

Despois de anos levando un disfraz

volvín a ser eu moi ó meu pesar.

Antano fun un tipo mordaz!

Non era eu era un antifaz!

Que me obrigaba sen pensar!

Que me impulsaba a actuar!

Polas noites o seu espírito me posuía,

amardago pasaba o día,

coa súa voz na cabeza incitándome.

A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas.

A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas.

Sumerxido nun mar de bebida,

vaso a vaso bebía a miña vida,

que se retorcía día a día,

non había outra saída.

O home do espello apareceu,

ese que tanto medo me daba.

O home do espello apareceu,

ese que tanto medo me daba.

Sen previo aviso o home voltou,

entra na mente como se nada.

O rumbo da vida prendía dun fío xa,

cando unha luz me fixo recapacitar.

Necesitas cambiar, deixarte de matar,

co teu sorriso me fixo cambiar.