Falso Amor Lyrics


Pasan os anos, a moza é muller,

anda buscando a saída.

Os sentimentos creeunos certos,

pensou que era o que quería.

Entregada ó macho famento

que disfraza a súa gran mentira,

con moedas, agasallos e agarimos,

merca así a súa prometida.

O comezo da nova vida, fermosa, estraña.

É doado esquecer, pasar de todo a nada.

Escrava do teu fogar, escrava do teu amor...

a túa historia rematou, cando a vosa comezou.

Caeu na trampa, na súa mentira,

cegada pola ilusión, inocencia perdida.

Falso amor!

Quen ía pensar? Ninguén llo contou,

como era a súa salvación.

Pasan os anos, pasou a vida,

fuches de alegre a rechumida.

Escrava do teu fogar, escrava do teu amor...

a túa historia rematou, cando a vosa comezou.